viernes, 8 de abril de 2011

Xuntanza en San Caetano

Mantivemos unha xuntanza co Director xeral de Desenvolvemento Rural.

O Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Antonio Crespo Iglesias recibiunos este pasado xoves, no seu despacho de San Caetano, onde mantivemos unha fructífera e intensa xuntanza de traballo.Acompañáronme María Pose, Jacobo Amarelle e José Antelo “Maleiro”.

Santa Comba ten un marcado carácter gandeiro e con moitos quilómetros de vías rurais, pistas forestais, etc….E por iso, no noso programa electoral imos a recoller compromisos co sector agrario e co medio rural. Pero o Partido Popular quere presentar propostas que teñan o respaldo das  administracións, e neste caso teño que comentar que saimos moi contentos polo interese e a vontade política amosada por don Antonio Crespo.

Esta será a nosa folla de ruta. Escoitar os veciños e tentar solucionar problemas. E temos un compromiso co noso sector agro-gandeiro e imos a cumprir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario