miércoles, 13 de abril de 2011

Unha charla fructífera nunha terra gandeira

Fin de semana con protagonismo para un sector básico.


Dous días despois de que nos recibira o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, tivemos o pracer de recibir a outro Director Xeral da Consellería do Medio Rural. Nesta ocasión, o responsable de Producción Agropecuaria.

Tiven a ocasión de conversar previamente con don José Álvarez Robledo, acompañado por profesionais do sector e tamén por un grupo de compañeiros do Partido Popular. Aproveitei para plantexarlle varios temas, entre eles intereseime polas axudas para a mellora das explotacións que solicitaron varios veciños nosos.

Álvarez Robledo comprometeuse con este tema asegurando que a Xunta faría un esforzo. Tamén analizamos outros temas, como o meu interese por potenciar máis a Poxa de Xovencas, que tan notablemente ben coordinando nos últimos anos o noso concelleiro José Antelo “Maleiro”.

Despois desta conversa tivo lugar unha charla-coloquio  que resultou moi interesante. Polos termos tan próximos e didácticos empregados polo ponente, polas claves que ofreceu e porque cando rematou varios gandeiros plantexaron diversas cuestións que o Director Xeral respostou unha por unha.

Algo que me chamou a atención foi a ausencia do alcalde de Santa Comba, Miguel Pérez, que non ten reparos en asistir a unha charla do PP, sen ser convidado, e esquece o seu compromiso institucional cando temos connosco a unha autoridade do goberno galego nun acto organizado polo concello. Os que sí estiveron foron os nosos concelleiros Maleiro, Manuel García e Jacobo Amarelle, xunto con varios compoñentes da lista. E eu con eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario