jueves, 14 de abril de 2011

Compromiso coa Xuventude

En Santa Comba mantivemos unha xuntanza con xóvenes xalleiros.


O pasado venres 8 de abril, visitounos o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, atendendo a unha invitación que eu lle fixera recentemente, e que tiña por obxetivo dar a coñecer as liñas básicas de apoio a xuventude que ten a Xunta de Galicia.

Un bó número de mozos participaron nesta xuntanza. Para nós foi un encontro moi positivo, pois serviunos para recoller propostas deste sector tan importante como é o da xuventude, e tamén para que este grupo de veciños tiveran a oportunidade de informarse da man dun persoeiro da talla de Ovidio Rodeiro.

Pero desde aquí aproveito para anunciar que isto só foi unha primeira toma de contacto para poñer a andar proxectos comúns, que desde o PP de Santa Comba imos a apoiar con tódalas nosas forzas. Estamos abertos a que se sigan incorporando persoas novas, para vindeiras reunións.

Só tedes que poñervos en contacto con calqueira membro do PP xalleiro e con moito gusto vos explicaremos o que estamos facendo e as ideas que outros mozos teñen o respecto.

ppsantacomba@yahoo.es   Tamén estamos en Facebook- Populares Santa Comba

No hay comentarios:

Publicar un comentario