jueves, 28 de abril de 2011

Un plan para o medio rural

Un dos meus retos é mellorar as condicións de vida dos habitantes do rural.



Foi unha das ideas que lle expuxemos o Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Antonio Crespo. Fai uns días tiven a ocasión de intercambiar impresións co conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, sobre un dos proxectos que teñen moito peso no noso programa electoral: Acometer un plan de infraestruturas rurais.

Próximamente agardo poder ser recibido por lo Sr. Juárez para profundizar neste proxecto. A idea básica é levar a cabo unha actuación coordinada e planificada no noso territorio para a mellora de pistas de concentracións parcelarias, dos accesos os pobos,camiños agrícolas e forestais, así como levar a cabo os servizos básicos necesarios, para facilitar a vida nas aldeas e pobos do concello.

Para un plan de tanta envergadura necesitaremos o apoio da Xunta de Galicia, e certamente estou atopando boa disposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario