sábado, 26 de marzo de 2011

O Conselleiro de Educación tamén estivo aquí

Jesús Vázquez agasallounos coa súa visita.


Este sábado tivemos o gusto de recibir a visita do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. Paseamos con él polo campo da Feira, e compartimos unha interesante conversa e un café na nosa vila.

Escoitou as nosas iniciativas e animounos a seguir traballando para acadar a confianza maioritaria dos xalleiros. Acompañamos o conselleiro, Jacobo Amarelle, María Pose, Manuel Suárez, José Manuel Otero, Cristina Calvo, Ángeles García,  Javier Temes e máis un servidor.

Foi sen dúbida unha mostra de que temos apoios importantes para ofrecer un proxecto con garantías os nosos veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario