viernes, 25 de marzo de 2011

Pouco ruído e moitas noces


Santa Comba celebrou o derradeiro pleno ordinario da lexislatura.

O derradeiro pleno ordinario desta lexislatura seguiu a liña dos últimos tempos. Aparte das discusións que se veñen repetindo e das intervencións extremadamente longas, eu quedeime cun par de detalles.

Mediante o noso portavoz, Jacobo Amarelle, deixamos claro que o noso grupo está a favor da Festa dos Maiores. Pero non nós gusta que se faga este ano porque o  alcalde pretenda promocionarse. Habería que face-la tódolos anos. O PP propuxo no goberno e no pleno que se celebrara xa a edición de fai dous anos, e seguirá apostando por esta festa, pero actitude do independente Miguel Pérez non nós parece nada correcta.

Tamén chama a atención a  mensaxe de María José Ares Casal, que pretende confundir a opinión pública asegurando que existe un pacto prestablecido de goberno  entre o PP e Miguel Pérez. Convén lembrar que a Sra. Ares non ten ningún cargo orgánico nin representa o Partido Popular, e polo tanto supoño que ou lanza un bulo interesado ou simplemente está confundida.

O único pacto que ten o PP de Santa Comba é cos veciños. Buscamos a súa confianza para gobernar cunha maioría sólida. Precisamente, para evitar que ninguén negocie co seu voto nin tente chantaxearnos. Se os veciños queren, en Santa Comba van a cambiar moitas cousas a partires do 22 de maio.  Pero nós cumpriremos o papel que nos encomende o pobo. Non imos a especular coas súas papeletas nin a inventar pactos inexistentes.

Este panorama dáme ánimos para seguir traballando e tentar lograr a confianza dos xalleiros. Porque se é certo que temos un alcalde lento e inseguro a verdade é que a oposición ten pouco de constructiva e só busca o ataque directo aínda que sexa sen munición.

Polo demáis, agardo que os vindeiros plenos ordinarios sexan máis fructíferos, menos crispados e que se debatan máis proxectos e haxa menos descalificacións. Darlle unha volta o vello dito. Pouco ruído e moitas noces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario