viernes, 11 de marzo de 2011

Un mitin que nos enche de forzas

Foi unha noite estupenda. Centos de xalleiros e xalleiras que se acercaron o Multiusos para acompañarmos na presentación da nosa candidatura, son o mellor testimonio da ilusión que hai entorno o noso proxecto.


Sentinme arroupado pola miña xente e polo meu partido, e iso dáme moita forza para seguir pelexando polo obxetivo que nos une: O progreso de Santa Comba. Os discursos de Alberto Núñez Feijóo e Carlos Negreira foron magníficos e pegados a realidade. A situación económica xeral non é boa pero imos sair para adiante. O concello de Santa Comba necesita seguir o “modelo Feijóo” e non o “modelo ZP” nin outras ensaladas políticas.


Estou contento polos compañeiros que me acompañan na lista, pero tamén por tódalas personas que están dispostas a axudarnos nesta tarefa. No PP non ocultamos que o noso obxetivo é acadar unha maioría absoluta para poder dar un gran impulso o benestar e as obras en Santa Comba.

Pero hoxe quero insistir no meu agradecemento a tódolos que ateigáchedes o Multiusos. Estou convencido de que nunca vós arrepentiredes de apostar polo Partido Popular. Na noite deste xoves, confirmei o presentimento que tiña: que nunca camiñaremos solos e que somos o partido que máis se parece os xalleiros.


No Facebook de Amigos do PP de Santa Comba podedes ver máis fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario