viernes, 4 de febrero de 2011

Sobre a Lei de augas


Comprendo que as oposicións teñen que cumprir o seu papel de fiscalizar o goberno. Agora ben, hai que explicar as cousas con claridade, e a campaña que está a facer o BNG contra a Lei de Augas, é unha extratexia interesada e parcial.


Resulta sorprendente que o mesmo grupo (o BNG) que en Pontevedra levou a cabo un fraude tributario, incrementando os impostos municipais mentres restaba os servizos, sexa o que agora queira darnos leccións. Non quero pensar o que nos pasaría a tódolos galegos se esta xente nos gobernara.

O BNG está acostumado a copiar as mocións xenéricas en tódolos concellos. Dá o mesmo vivir en Pontevedra que en Santa Comba. Iso non vai conmigo. Eu creo nas particularidades de cada concello.

A Lei de Augas inclúe un tributo de aplicación universal, non por afán recadatorio, senón en cumprimento da normativa europea e por solidariedade ambiental. Gustaríame lembrarlle os dirixentes do BNG,  que Santa Comba está ubicada no ámbito rural, e os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedan exentos do pago do canon.

Ademáis, establécese unha bonificación do 90% do canon as comunidades de usuarios, traídas veciñais e pozos particulares, xa que se pretende recoñecer o esforzo realizado para administrar os sistemas propios de abastecemento.

En resumo, gustaríame resaltar que neste Lei non se recolle a obrigatoriedade de instalar contadores de auga. Polo tanto, e ante o alarmismo que pretenden crear algunhas formacións políticas, cómpre destacar que esta lei incentiva o consumo responsable e dependerá do número de residentes na vivenda, terá en conta as familias numerosas e contará cunha tarifa social.

Polo tanto, a Xunta de Galicia está cumprindo coas normativas europeas, sen perxudicar os nosos veciños. E o Partido Popular segue estando comprometido cos veciños a pesares das desafortunadas accións dos que pretenden confundir a opinión pública.


1 comentario: