miércoles, 16 de febrero de 2011

Conferencia excelente cun importante respaldo

Sinceiramente, non poidemos comezar mellor o noso ciclo de conferencias.


Todo saliu estupendamente. A conselleira de Sanidade dou unha conferencia moi instructiva e clarificadora, que nos serviu para ratificarnos na idea do bó traballo que está facendo a Xunta neste servizo fundamental.

Pilar Farjas demostrou con datos e argumentos o retroceso ó que nos somete o goberno Zapatero recurtando as aportacións a Galicia. E tamén aclarou a valente aposta do seu departamento polos xenéricos, que supoñen un importante aforro para as arcas públicas, de ata once millóns de euros nun medicamento determinado, como e a Atorvastatina.

Pola miña banda, limiteime a destacar a importancia que tiña para Santa Comba contar entre nós cunha compañeira que pertence o equipo do Presidente Feijóo, e que está a fronte dunha política sanitaria de referencia en España. E tamén sigo convidando os nosos veciños a sumarse o noso proxecto aberto e integrador.

Non podo máis que agradecer o apoio da miña xente. Unha noite desapacible no medio da semana e onde o Barça xogaba contra o Arsenal, era un risco de pouca afluencia. Pero conseguimos xuntar un bó número de asistentes. Polo tanto un éxito rotundo que nos anima a seguir organizando actividades.

Quero agradecer o respaldo dos compañeiros do PP de Santa Comba polo seu traballo e a Pilar Farjas, e o xefe de atención primaria de Santiago, Javier Ventosa, por achegarse a Santa Comba.

Na páxina de Facebook do PP de Santa Comba, colgamos varias fotos do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario