domingo, 20 de febrero de 2011

Luís Rial: Un grande da radio

Asistín a presentación do libro sobre este gran locutor galego.


O pasado venres asistín a presentación de “La radio de Rial”, escrito por Javier García Sánchez e que conta a biografía de Luís Rial.

Foi na librería Ler de Santa Comba, onde tamén estaban presentes (xunto o autor e Luís), Manuel Martín, Miguel Cancio, o alcalde e representantes do goberno local, veciños e ouvintes do programa “Pensando en ti”.

Teño unha alta estima por Luís Rial, que é amigo da familia, e non quixen perderme este acto. Como queda comprobado no libro, Luís Rial é un prestixioso xornalista, sendo actualmente o referente nas madrugadas radiofónicas de Galicia.

Desde aquí as miñas felicitacións o autor do libro e tamén o propio Rial pola súa dilatada traxectoria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario