sábado, 12 de febrero de 2011

Unha conselleira en Santa Comba

Este mércores poñemos en marcha un ciclo de conferencias.


Hoxe quero convidarvos a unha charla que imos a celebrar o vindeiro mércores, 16 de febreiro en Santa Comba. O acto será no Multiusos e comenzará as 21,15h.

Contaremos coa presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, que nos falará sobre “A aposta pola sanidade pública en tempos de crise”. A presentación realizareina eu.

Para o Partido Popular de Santa Comba é unha honra poder contar cunha conselleira no noso pobo, e máis dunha persoa excepcional como é Pilar Farjas, que está a frente dun departamento que destaca a nivel nacional polo seu bó facer.

Estamos traballando con intensidade e unha das nosas iniciativas é este ciclo de conferencias, para tratar temas que nos importan con persoeiros de primeira liña. Así que desde este blog aproveito para informarvos desta charla e  comentarvos que me gustaría contar coa vosa asistencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario