viernes, 28 de enero de 2011

¡Con tantas cousas que temos que facer ¡

O pasado xoves 27 de xaneiro asistín o pleno ordinario do concello. Unha vez máis saín coa sensación  de que temos unha crispación que Santa Comba non se merece, cunha oposición nada constructiva. Cada vez estou máis convencido do que pode aportar a este municipio un goberno sólido do Partido Popular.


Neste pleno, quedei atónito polas alusións que se fixeron a miña persoa por parte de dúas concelleiras non adscritas da corporación. Como ben saben tódolos xalleiros a empresa que eu dirixo (Carbónicas Landeira) leva traballando e xerando emprego en Santa Comba desde fai máis de tres décadas.

Por iso lamento as críticas interesadas verquidas nun pleno, e que non teñen razón de ser, excepto que formen parte dunha campaña premeditada de desprestixio da miña persoa, dada a miña condición de candidato do partido maioritario de Santa Comba e de Galicia.

Co pasamento do meu lembrado pai, José Antonio Landeira Parafita, fíxémonos cargo da empresa e apostamos por profundizar na exitosa senda empresarial iniciada polo meu avó e continuada polo meu pai. Os xalleiros coñecen perfectamente a traxectoria da miña familia, pero véxome na obriga de facer un par de puntualizacións.

Para asumir os novos retos do mercado e poder seguir dando traballo a un grupo de persoas, no 2008 comenzamos a xestionar uns certificados de calidade, que suporán un avance importante para a nosa factoría. Nese momento tamén solicitamos a licencia de actividade, que cando se creou a empresa, nos anos 80, non existía.  E polo tanto considerei convinte realizar esta actualización, para asumir novos retos industriais. Evidentemente, a empresa conta coa licencia requerida no momento de iniciar a súa andaina, e cumpre con tódalas súas obrigas tributarias e legais.

Cecais esta anécdota plenaria non merecería tanta explicación, pero sempre defendín a verdade e ante un posible intento de intoxicación, quixen deixar claro este extremo. Son partidario de campañas políticas, de propostas e ideas, e gustariame falar do futuro de Santa Comba, pero sempre haberá quén prefira facer política de cloaca.

O máis importante é que o o pobo é moi sabio, non comulga con rodas do muiño, e recoñece a traxectoria das personas. O ruído das bombas de palenque duran o que duran, uns poucos segundos. E as boas obras perduran no tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario