lunes, 17 de enero de 2011

A estrada de Santiago será unha realidade


A mellora da comunicación con Santiago de Compostela é unha vella demanda social que se ven demorando co paso dos anos. Para o PP de Santa Comba é un obxetivo prioritario, e para mín, é unha cuestión  que ocupa un lugar destacado na miña axenda de traballo. Xa o foi como veciño, como Presidente dos empresarios e agora coma candidato do PP.

Nestes meses intensificamos as xestións e sinceiramente, encontrámonos coa total receptividade e vontade política do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández.

Non podo ocultar a miña satisfacción despois de escoitar a Agustín Hernández no acto de presentación  coma candidatos de María Pose máis eu. O conselleiro comprometeuse con datas e prazos de actuación, e vendo como está cumprindo as súas promesas con respecto a autovía da Costa da Morte, estou convencido de que a conexión viaria con Compostela está preto e será unha realidade.

1 comentario: