martes, 18 de enero de 2011

A Santa Comba que queremos


Estamos a poucos meses das eleccións municipais. Ése é o momento no que o pobo soberano se expresa e emite o seu veredicto. Lóxicamente o meu reto é a maioría absoluta para poder desenvolver o noso proxecto íntegramente.



Son tempos de crise e desilusión,  situación acentuada polas desacertadas políticas do Partido Socialista. Pero eu quero enviar unha mensaxe de optimismo. Os xalleiros sempre se distinguiron polo seu carácter traballador e emprendedor, e nós queremos impregnar de esforzo e iniciativa a nosa acción política.

Estamos escoitando os nosos veciños, recollendo propostas, elaborando unha folla de ruta dun goberno para todos. Porque o noso programa alimentaráse das raíces do pobo. Porque será o pobo que decida se quere que eu sexa o seu alcalde e contar cun goberno do PP. É a este concello a quen nos debemos e do que nos sentimos orgullosos.

Santa Comba merece a máxima implicación e que volquemos as nosas forzas no obxetivo.

3 comentarios:

  1. Con xente traballadora coma vós o concello de Santa Comba cambiaría para ben en tódolos aspectos. Con traballo, constancia e seriedade chegaredes lonxe. Moita sorte, Anduriña

    ResponderEliminar
  2. SI QUEREDES CAMBIAR , E DARLLE A VOLTA AS PRIORIDADES DO CONCELLO PENSADE NA CONCILIACION DA VIDA LABAORAL E FAMILIAR,EU SON MULLER,SON NAI,E QUERO PODER TRABALLAR PERO TAMEN QUERO QUE OS MEU FILLOS TEÑAN ON DE ESTAR CANDO NOS OS PAIS NON ESTAMOS´´´CONCILIA´´

    ResponderEliminar
  3. no vos deixedes manexar por os que estann tendes que traer aires novos tendes xente con vos ´´queeee,´´ acordadevos que o ´´ concilia´´necesitavos

    ResponderEliminar