lunes, 17 de enero de 2011

Navegando pola rede

Como ben sabedes, fai uns meses era designado candidato do Partido Popular a alcaldía de Santa Comba. E desde entón estamos traballando co fin de alcanzar o obxetivo de acadar a confianza maioritaria dos nosos veciños, para desenvolver un proxecto de futuro que reafirme ao noso concello coma cabeceira da comarca.

Hoxe poño en funcionamento este blog para ir expoñendo as miñas impresións e propostas para mellorar o noso territorio. Pero tamén quero que ti poidas achegarme as túas inquedanzas. Poño a túa disposición o correo ppsantacomba@yahoo.es. Hoxe nace este blog que agardo ir enchendo pouco a pouco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario