sábado, 9 de julio de 2011

Un goberno coas ideas claras

O PP de Santa Comba é unha familia. Sete somos os concelleiros, pero sabemos que non estamos sós.
Como sabedes o noso grupo municipal ten a misión de gobernar este concello por decisión democrática dos votantes. María Pose, Jacobo Amarelle, Manuel García, Raquel Grille, Juan Carlos Landeira,Manuel Ferreiro e eu somos os sete concelleiros do PP. Pero o noso proxecto político é máis amplo e involucra a moitas máis personas.

Con todo isto, recentemente acordamos a distribución das áreas de goberno. Queda como segue

Antonio Landeira- Alcalde. Asume as competencias de Personal, Urbanismo e Festexos.
María Pose- Primeira teniente de alcalde, voceira municipal do PP, e responsable das concellerías de Cultura, Educación, e Servizos Sociais.
Jacobo Amarelle- Segundo teniente de alcalde. Responsable de Promoción Económica, Emprego, Formación e Turismo.
Manuel Ferreiro- Terceira teniente de alcalde. Responsable de Obras
Manuel García Cancela- Concelleiro de Servizos
Raquel Grille- Edila de Xuventude e Deportes
Juan Carlos Landeira Castro- Responsable de Medio Rural e Emigración.



No hay comentarios:

Publicar un comentario