lunes, 26 de septiembre de 2011

Cen días de Goberno

Hoxe quero compartir con vós o meu balance de cen días a fronte da alcaldía de Santa Comba.


O meu balance destes cen días de goberno é positivo é estou razoablemente satisfeito.Foi unha etapa de asentamento no cargo e de sentar as bases para desenvolver o proxecto que temos deseñado para Santa Comba. Isto non impediu que avanzaramos en cuestións fundamentais para o concello.

Temos un compromiso de ofrecer o cidadán unha administración áxil e eficaz e de impulsar as infraestruturas e os servizos que consoliden o progreso de Santa Comba.

No primeiro sentido, realizamos unha radiografía da organización interna e dos servizos que presta o concello, tentando ir mellorando o funcionamento da maquinaria municipal. Tamén adiquei unha boa parte do tempo a recibir os veciños e a visitar aldeas e parroquias para establecer prioridades de vindeiras actuacións. Froito deste traballo estamos deseñando o plan de infraestruturas rurais, traballando nos orzamentos e noutras accións que irán pouco a pouco cristalizando.

O outro foco da nosa acción e buscar apoios nas necesidades de envergadura que non podemos afrontar como concello. A aínda que estamos nun marco de crise, estamos demandando unha serie de melloras básicas. Reunímonos co Conselleiro de Medio Ambiente, para ratificar que a estrada de Santiago é a nosa gran prioridade, e para interesarnos por outros proxectos como o da Variante, a mellor no Polígono, etc. O próximo 29 de setembro imos a seguir traballando nesta dirección nun encontro de traballo coa Directora Xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle.

Recibimos no concello a delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén Do Campo, a que presentamos un proxecto para a conversión da Casa do Pozo nun centro expositivo comarcal, ademáis de exporlle tódalas necesidades que temos en diferentes materias. E logo fomos profundizando en temas de servizos sociais co responsable do Consorcio galego de Igualdade e Benesta, Roberto Rodríguez, abordando aspectos como a búsqueda dunha saída a Vivenda Comunitaria. Demandamos melloras educativas a xefa territorial, Teresa Villaverde. Preparamos a unificación de criterios co concello veciño de Coristanco e co seu alcalde, Antonio Pensado para traballar conxuntamente e conseguir unha mellora na comunicación Santa Comba-Coristanco.

E ademáis, seguimos organizando actividades, entrevistándonos con asociacións, e afrontando as responsabilidades do día a día, cun compromiso firme de continuar coa liña dunha política económica rigurosa e de reducción da débeda iniciada anos atrás. En definitiva, considero que aproveitamos ben o tempo e marcamos unha dirección cara o futuro e o progreso.Puxemos enriba da mesa os proxectos, e comenzamos a pelexar para que se fagan realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario