sábado, 9 de julio de 2011

Afrontando a nova responsabilidade



O remate dunha campaña tan intensa, e a nosa chegada o goberno deixáronme prácticamente sen tempo para actualizar este blog.
Isto non quere dicir que non vaia a seguir mantendo o contacto cos vós. Nunca máis lonxe da realidade.

En primeiro lugar quero agradecer a tódolos xalleiros que apoiaron o noso proxecto. Imos a devolver ese caudal de confianza con traballo e feitos. E tamén para tentar subir o carro popular ós que non confiaron en nós, para que vexan e perciban o esforzo que imos a facer por este concello.

O Partido Popular é a forza preferida dos nosos veciños. Nuns comicios con seis partidos o resultado para nós foi bó. Pero tamén interpretamos a mensaxe das eleccións, que piden ós políticos locais un esforzo polo diálogo. Por nós non vai a ser.

Vou a tentar ir escribindo o máximo posible neste blog. Ser alcalde de Santa Comba é unha grande responsabilidade pero tamén unha experiencia única. O meu equipo máis eu queremos sacar adiante moitos proxectos, e hai unha tarefa importante por diante.

Todo o tempo fainos falla para gañar o futuro. Pero, habitualmente, seguirei deixando as miñas impresións neste espazo na rede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario