domingo, 15 de mayo de 2011

O PP demostra o seu compromiso con Santa Comba

O Conselleiro anunciou que se investirán máis de 35 millóns de euros na estrada de Santiago.

Máis de 400 persoas poideron escoitar as palabras do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín  Hernández que xunto co secretario de Organización do PP coruñés, Manuel Álvarez Campana participaron no mitin que se celebrou en A Pereira na noite do sábado 14 de maio.

O candidato Antonio Landeira pediulle o conselleiro que se impulsarán as comunicacións de Santa Comba con Santiago de Compostela. E aínda que Landeira xa contaba co compromiso da Xunta de Galicia, Agustín Hernández foi más alá.

Santa Comba terá unha estrada moderna e un alcalde do Partido Popular

Estas foron as palabras textuais de Agustín Hernández:

“A Xunta de Galicia ten un compromiso con esta comarca.Este compromiso non só se reflicte nas miñas verbas senón que se reflicte nos proxectos que temos redactados. O proxecto entre Santa Comba e Portomouro que temos a piques de rematar cun investimento previsto de 17,9 millóns de euros e o proxecto entre Portomouro en Santiago que temos redactado e imos a sacar a información pública e que mellorará sustancialmente o trazado da estrada, con 18,8 millóns de investimento”.

O Conselleiro de Medio Ambiente insistiu en que será un goberno do Partido Popular o que mellore “a conexión de Santa Comba con Santiago” e augurou unha victoria contudente de Antonio Landeira:“Quedan menos días para que Antonio Landeira sexa o alcalde de Santa Comba”.

Hernández tamén se compromoteu cunha das demandas do PP,  e cun goberno da Deputación do mesmo partido “seremosquén de negociar a trasferencia da estrada que une Santa Comba con Coristanco para mellora-la”. Ademáis ofreceu boas novas para os empresarios xalleiros anunciando a ampliación do Polígono Industrial: “Antes de 2015 Santa Comba contará cunha ampliación do seu parque industrial en 100.000 metros cadrados”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario