domingo, 13 de noviembre de 2011

Santa Comba súmase ao cambio

Dous mitíns con estupenda afluencia de público.



Creemos que Santa Comba vaise a sumar ao cambio. Xa fai uns días nunha noite adversa xuntamos a unhas duascentas personas no Tio Paco de As Travesas, e este domingo tivemos o dobre de afluencia no mitin do Multiusos.

Tivemos que competir co partido entre Deportivo e Celta, pero quedamos contentos coa resposta dos nosos veciños e sentimos  na rúa que os xalleiros tamén se queren sumar ao cambio. Se no primeiro mitin estiveron connosco María Jesús Sainz, Diego Calvo e Samuel Juárez, neste segundo acto acompañounos Pilar Farjas e de novo Diego Calvo.

Todos coincidimos en que estamos preto dunha grande victoria pero o que contan son os votos na urna, e por este motivo temos que traballar para que non se perda ningún voto popular. Tamén insistimos en que non é bó nin para Santa Comba, nin para Galicia nin para España un goberno do PSOE. As fórmulas de Zapatero e Rubalcaba leváronnos a unha situación complicada, pero agora con Mariano Rajoy vaise a iniciar un novo ciclo político.

No hay comentarios:

Publicar un comentario